Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, relativo ao procedemento de adxudicación de vivendas no poboado mineiro de Fontao, no concello de Vila de Cruces (expediente PO 2001NR01, cta. 65), por medio do cal se sinala comparecencia da persoa que se relaciona.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a dobre notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia nº 7, 4a planta, Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen que o interesado compareza na oficina indicada, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 30 de novembro de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Anexo

Expediente: PO 2001NR01, cta. 65.

Nome: Luis Álvarez López.

Último domicilio coñecido: rúa Soto nº 33, 1º B, concello de Vila de Cruces.

Indicación do contido do acto: notificación de adxudicación de vivenda.