Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 7 de decembro de 2012, do Servizo Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e conseguinte cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, notifícaselles e outórgaselles audencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, no procedemento de baixa e conseguinte cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para facer as alegacións que consideren pertinentes, e poden examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles no Servizo de Turismo da Coruña, de acordo co artigo 84 da Lei 30/1992, anteriormente citada.

A Coruña, 7 de decembro de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: casa de hóspedes Residencial el Parque.

Titular: Julia Veiga García.

Enderezo: rúa San Roberto, 2.

Concello: A Coruña.

Establecemento: casa de hóspedes Alba.

Titular: Urbano Gorgal Lorenzo.

Enderezo: rúa San Andrés, 145.

Concello: A Coruña.

Establecemento: casa de hóspedes Guiston.

Titular: Roberto Vilariño Díaz.

Enderezo: rúa Ponte Baxoi, 9.

Concello: Miño.