Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47496

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra

RESOLUCIÓN do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra pola que se aproban os pregos de bases e de cláusulas de explotación e a convocatoria de concurso público para a adxudicación de departamentos de exportadores en réxime de autorización administrativa.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, na súa sesión do 27 de setembro de 2012, aprobou os pregos de bases e de cláusulas de explotación para a convocatoria de concurso público para a adxudicación de departamentos de exportadores de segunda liña, en réxime de autorización administrativa, de acordo co disposto no texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro (BOE nº 253, do 20 de outubro). En virtude deste acordo, as persoas físicas e xurídicas interesadas en participar no concurso poderán examinar os correspondentes pregos nas oficinas da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra (División de Explotación), Parque de Cantodarea, s/n, Marín (Pontevedra).

As propostas presentaranse no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ata as 13.00 horas do último día de presentación.

Marín, 23 de novembro de 2012

José Benito Suárez Costa
Presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra