Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Covas-Esmelle-Marmancón-Mandía (Ferrol) para seren notificados por comparecencia de trámites de audiencia nos cales resultan afectados.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede desta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de servizos múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: trámite de audiencia.

Interesados:

Fernando Rodríguez Santiago

José Rodríguez Quintián