Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 5 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Telefónica Móviles España, S.A. e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse resolucións de recursos de reposicións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2012

Carlos Rodríguez Sánchez
Director xeral de Tributos

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Procedemento

Telefónica Móviles España, S.A.

A78923125

Rd Comunicación (Distrito C)

28050 Madrid

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento

Jesús Fernández Bouzada

36001136H

Álvaro Cunqueiro, 30-1º A

36211 Vigo, Pontevedra

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento

Juana Martínez Catalán

01798562P

Paseo de Ronda, 39-6º D

15011 A Coruña

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento

Rafael Martínez Martínez

32751956W

Juan Flórez, 74-2º

15002 A Coruña

Resolución recurso de reposición contra providencia de constrinximento