Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 10 de decembro de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan acordos de aprazamentos/fraccionamentos de pagamento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Transrapid Express, S.L. e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse acordos de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8-4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2012

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Providencia

liquidación

Importes

Transrapid Express, S.L.

B36296242

Subida Penisal, 4,

36320 Redondela, Pontevedra

12790306640

2.341,20 €

De la Torre Muenala, Freddy Rubén

X5622200B

Rúa Ervedelo, 98, 2º,

32002 Ourense

500120027140

3.821,00 €

Calo Canosa, María José

79312977F

Estrada xeral A Coruña, Carballo, 4, Lañas

15144 Arteixo, A Coruña

12790136810

1.440,00 €