Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47214

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3349/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3349/2012 seguido por instancia de José Antonio Troncoso Oliveira, Benjamín Lorenzo Domínguez, Manuel Rico Carballo e Jaime Rodríguez Iglesias, contra Taguive, S.L., Fibras de Madera, S.A., Industrias de Tableros de Valga, S.A. (Intavalsa), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 9 de novembro de 2012.

Únese o anterior escrito, presentado o 7 de novembro de 2012, ante a Oficina de Rexistro de Notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo letrado Sr. Lamela Méndez, en nome e representación de José Antonio Troncoso Oliveira e Benjamín Lorenzo Domínguez, ao recurso correspondente. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala. Fáiselle saber que os autos están á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o coida necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, a menos que xa o designase.

Únase á peza certificación da sentenza que invoca, ditada no recurso de suplicación 88/2011 (Sentenza 2400/2011) desta sala, con expresión da súa firmeza.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a cal se recorreu se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírtese o destinatario Fibras de Madera, S.A. de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 9 de novembro de 2012

A secretaria xudicial