Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, dun servizo, por lotes, para impartición de accións formativas nos centros de formación profesional para o emprego dependentes desta consellería (expediente 2013.04.FC.A.).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio Administrativo San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 74 56, fax: 981 54 01 18.

Caixa de correo: www.contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: servizo, por lotes, para a impartición de accións formativas nos centros de formación profesional para o emprego dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Lotes:

– Lote 1: especialidades da familia «Administración e xestión».

1. Accións formativas que comprende:

1.1. ADGD0208 Xestión integrada de recursos humanos.

1.2. ADGD0308 Actividades de xestión administrativa.

– Lote 2: especialidades da familia «Agraria».

2. Accións formativas que comprende:

2.1. AGAR0108 Aproveitamentos forestais.

2.2. AGAO0108 Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros e xardinaría.

2.3. AGAO0308M Xardinaría e restauración da paisaxe.

2.4. AGAH0108 Horticultura e floricultura.

2.5. AGAJ0110 Actividades de floraría.

2.6. AGAR0309 Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

2.7. AGAR0208 Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.

2.8. AGAR0109 Xestión de repoboacións forestais e de tratamentos silvícolas.

– Lote 3: especialidades da familia «Electricidade e electrónica».

3. Accións formativas que comprende:

3.1. ELES0108 Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios.

3.2. ELEE0109 Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión.

3.3. ELEM0210 Xestión e supervisión da montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.

– Lote 4: Especialidades da familia de «Enerxía e auga».

4. Accións formativas que comprende:

4.1. ENAE0208 Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas.

4.2. ENAE0108 Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas.

4.3. ENAE0308 Organización e proxecto de instalacións solares térmicas.

4.4. ENAE0508 Organización e proxecto de instalacións solares fotovoltaicas.

– Lote 5: especialidades da familia de «Edificación e obra civil».

5. Accións formativas que comprende:

5.1. EOCB0108 Fábricas de albanelaría.

5.2. EOCE0109 Levantamentos e implantacións.

– Lote 6: especialidades da familia «Fábricación mecánica».

6. Accións formativas que comprende:

6.1. FMEC0108 Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial.

6.2. FMEC0110 Soldadura con electrodo revestido e TIG.

6.3. FMEC0210 Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG.

6.4. FMEE0108 Operacións auxiliares de fabricación mecánica.

6.5. FMEE0208 Montaxe e posta en marcha de bens de equipamento e maquinaria industrial.

6.6. FMEH0109 Mecanizado por arranque de labra.

6.7 FMEE0308 Deseño de produtos de fabricación mecánica.

– Lote 7: Especialidades da familia de «Hostalaría e turismo».

7. Accións formativas que comprende:

7.1. HOTRO0108 Operacións básicas de cociña.

7.2. HOTR0208 Operacións básicas de restaurante e bar.

7.3. HOTRO508 Servizos de bar e cafetaría.

7.8. HOTR0608 Servizos de restaurante.

– Lote 8: especialidades da familia de «Industrias extractivas».

8. Accións formativas que comprende:

8.1. IEXD0108 Elaboración da pedra natural.

8.2. IEXD0409 Colocación de pedra natural.

– Lote 9: especialidades da familia de «Informática e comunicacións».

9. Accións formativas que comprende:

9.1. IFCT0108 Operacións auxiliares de mantemento de sistemas microinformáticos.

9.2. IFCT0309 Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos.

9.3. IFCD0110 Confección e publicación de páxinas web.

9.4. IFCT0310 Administración de base de datos.

– Lote 10: especialidades da familia de «Instalación e mantemento».

10. Accións formativas que comprende:

10.1. IMAI0108 Operacións de fontanaría e calefacción-climatización doméstica.

10.2. IMAR0108 Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas.

10.3. IMAR0208 Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción.

10.4. IMAR0308 Desenvolvemento de proxectos de redes e sistemas de distribución de fluídos.

10.5. IMAR0408 Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas.

10.6. IMAQ0108 Mantemento e montaxe mecánica de equipamento industrial.

– Lote 11: especialidades da familia de «Imaxe persoal».

11. Accións formativas que comprende:

11.1. IMPE0108 Servizos auxiliares de estética.

– Lote 12: especialidades da familia de «Madeira, moble e cortiza».

12. Accións formativas que comprende:

12.1. MAMR0208 Acabado de carpintaría e moble.

12.2. MAMS0108 Instalación de elementos de carpintaría.

12.3. MAMD0109 Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e moble.

12.4. MAMD0209 Traballos de carpintaría e moble.

12.5. MAMD0309 Proxectos de carpintaría e moble.

– Lote 13: especialidades da familia de «Seguridade e medio ambiente».

13. Accións formativas que comprende:

13.1. SEAG0109 Interpretación e educación ambiental.

13.2. SEAG0309 Control e protección do medio natural.

– Lote 14: especialidades da familia de «Servizos socioculturais e á comunidade».

14. Accións formativas que comprende:

14.1. SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

14.2. SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego.

– Lote 15: especialidades da familia de «Transporte e mantemento de vehículos».

15. Accións formativas que comprende:

15.1. TMVG0109 Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos.

15.2. TMVG0209 Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos.

15.3. TMVG0409 Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares.

3. Prazo de execución do contrato: establécese para cada lote, contado desde a sinatura dos respectivos contratos.

Lote 1: ata o 25.11.2013. Lote 2: ata o 9.12.2013. Lote 3: ata o 9.12.2013. Lote 4: ata o 27.12.2013. Lote 5: ata o 31.10.2013. Lote 6: ata o 20.12.2013. Lote 7: ata o 17.12.2013. Lote 8: ata o 3.10.2013. Lote 9: ata o 17.12.2013. Lote 10: ata o 4.12.2013. Lote 11: ata o 30.10.2013. Lote 12: ata o 22.11.2013. Lote 13: ata o 6.9.2013. Lote 14: ata o 19.12.2013. Lote 15: ata o 20.12.2013.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Orzamento base de licitación: este servizo está exento de IVE, polo que o orzamento e o valor estimado coinciden tanto no orzamento total da licitación como no orzamento individualizado para cada lote.

6.1 Orzamento total: catro millóns cento sesenta e sete mil seiscentos sesenta e nove euros con cincuenta e seis céntimos de euro (4.167.669,56 €).

6.2. Orzamento por lotes:

Lote 1: 96.749,25 €. Lote 2: 378.351,42 €. Lote 3: 316.577,63 €. Lote 4: 465.250,51 €. Lote 5: 109.575,38 €. Lote 6: 741.994,52 €. Lote 7: 188.852,65 €. Lote 8: 95.472,00 €. Lote 9: 355.782,42 €. Lote 10: 582.099,39 €. Lote 11: 43.173,00 €. Lote 12: 195.136,51 €. Lote 13: 65.359,13 €. Lote 14: 405.005,25 €. Lote 15: 128.290,50 €.

7. Garantías exixidas:

7.1. Garantía provisional: 1,5 % do orzamento de licitación.

Garantía provisional para cada lote:

Lote 1: 1.451,24 €. Lote 2: 5.675,27 €. Lote 3: 4.748,66 €. Lote 4: 6.978,76 €. Lote 5: 1.643,63 €. Lote 6: 11.129,92 €. Lote 7: 2.832,79 €. Lote 8: 1.432,08 €. Lote 9: 5.336,74 €. Lote 10: 8.731,49 €. Lote 11: 647,58 €. Lote 12: 2.927,05 €. Lote 13: 980,30 €. Lote 14: 6.075,08 €. Lote 15: 1.924,36 €.

7.2. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación de cada un dos lotes.

8. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3. PCAP.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, na oficina situada no Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballo e Benestar, en Santiago de Compostela 15781. Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

10. Apertura de ofertas: a apertura pública do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, no décimo día natural contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaránselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

11. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2012

P.A. (Artigo 5.3 da Orde 19.8.2009)
Pablo Nimo Ríos
Vicesecretario xeral da Consellería de Traballo e Benestar