Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2012 pola que se fai pública a adxudicación e formalización de varios contratos administrativos.

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que, mediante resolucións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en uso das facultades conferidas pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve, o artigo 4.2.e) do Decreto 317/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS, e a Resolución do 23 de xuño de 2010, de delegación de funcións en materia de contratación no director xeral do IGVS, foron adxudicados e formalizados os seguintes contratos:

1. Título: reparación de fachadas e cuberta no bloque 14 do Birloque (A Coruña). Exp.: C-2010/REP 09.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data resolución de adxudicación: 9.3.2012.

• Adxudicataria: Construcciones Ramírez, S.L.U.

• Importe: 200.317,86 €, (IVE excluído).

• Formalización: 29.10.2012.

2. Título: reurbanización no ámbito da rúa Alemaña (entre as rúas Luxemburgo e Irlanda) no barrio de Monte Porreiro. Pontevedra. Exp.: DTS01-11.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data resolución de adxudicación: 9.3.2012.

• Adxudicataria: Arias Hermanos, S.A.

• Importe: 1.029.123,88 € (IVE excluído).

• Formalización: 15.3.2012.

3. Título: limpeza e mantemento das dependencias dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Santiago de Compostela. Exp.: IGVS01-12.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data resolución de adxudicación: 29.5.2012.

• Adxudicataria: Ferroser.

• Importe: 482.100,00 € (IVE excluído).

• Formalización: 1.6.2012.

4. Título: limpeza e mantemento das dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo. Exp.: IGVS02-12.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data resolución de adxudicación: 31.6.2012.

• Adxudicataria: Ferroser.

• Importe: 122.050,00 € (IVE excluído).

• Formalización: 1.6.2012.

5. Título: limpeza das dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense. Exp.: IGVS03-12.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data resolución de adxudicación: 7.6.2012.

• Adxudicataria: Seralia.

• Importe: 44.856,00 € (IVE excluído).

• Formalización: 15.6.2012.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

P.D. (R. 23.6.2010)
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo