Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS, CT polígono Outeda, nº 8.
Situación: Barro.
Características técnicas: LMT subterránea, no polígono de Outeda, a 20 kV con condutor tipo RHZ de 6.742 metros de lonxitude, con orixe na futura subestación de Barro e final na arqueta proxectada (NÓ 1). Centro de transformación nº 8, de 630 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado ao lado da parcela A-19 do polígono de Outeda, Barro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 22 de novembro de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefa territorial de Pontevedra