Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2012/88-2, 8056 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: novo CT colexio público de Cervo.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

– Desmontaxe do actual CTI (07886) Grupo Escolar Cervo e da LMTA que o alimenta, cunha lonxitude de 12 metros en condutor LA-30.

– Desprazamento dun tramo de liña de media tensión, con orixe nunha conversión aerosoterrada existente e final no CTC proxectado, cunha lonxitude de 29 metros.

– LMTS a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a subterráneo situado nun apoio da LMT Espiñeirido 1 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 98 metros en condutor tipo RHZ-240.

– CT en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección do transformador.

– RBTS proxectada formada por dous circuítos, cunha lonxitude total de 17 metros por circuíto, con orixe no cadro de baixa do CT e final nun paso aéreo a soterrado.

– RBTA, con orixe no paso aéreo a subterráneo proxectado e final nas RBT existentes, cunha lonxitude de 48 metros en condutor tipo RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo