Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se realiza a publicidade da declaración de impacto ambiental do 29 de outubro de 2012, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de explotación de recursos da Sección A Espiñaredo número 168, nos concellos das Somozas e As Pontes de García Rodríguez, promovido por Francisco Gómez and CIA, S.L. (clave 2011/0159).

Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do impacto ambiental para Galicia, a xefa territorial da Consellería de Economía e Industria de A Coruña

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante esta resolución, á declaración de impacto ambiental do 29 de outubro de 2012, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do proxecto de explotación de recursos da Sección A Espiñaredo número 168, nos concellos das Somozas e As Pontes de García Rodríguez (A Coruña), promovido por Francisco Gómez & CIA, S.L. (Clave 2011/0159), e que se poderá consultar no seguinte enlace coa clave expediente 2011/0159
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer 2, 1º e 2º, da Coruña.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña