Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2012 Páx. 46980

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

ANUNCIO do 12 de decembro de 2012 polo que se convoca un proceso para a elaboración de listas de agarda de profesor/a de inglés.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia) anuncia, mediante oposición-concurso, a convocatoria para a elaboración de listas de agarda de profesor/a de inglés no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, conforme o regulado na normativa para a selección de persoal docente do antedito centro.

A. Convocatoria:

As funcións principais son, entre outras e baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento: colaborar no deseño das materias relacionadas coa formación na área (incluíndo elaboración do material, impartición de clases e avaliación de alumnos).

Requisitos mínimos:

1. Ter nacionalidade española.

– Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

– Ser nacional dalgún Estado no cal, en virtude dos tratados internacionais asinados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

– Calquera que sexa a súa nacionalidade, tamén poderán participar os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da antedita idade dependentes.

– Ter residencia legal en España, no caso de se tratar de estranxeiros non incluídos nos puntos anteriores.

2. Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa, con base no disposto no artigo 56.1.c) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

3. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

4. De conformidade co artigo 56.1.d) da Lei 7/2007, do 12 de abril, non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso ao corpo ou á escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás desempeñadas no caso de persoal laboral, en que fose separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

Titulación mínima: (licenciatura ou grao) específica en idioma inglés. Polo que respecta aos títulos de diplomado, licenciado, doutor, e outros, obtidos no estranxeiro, deberán estar convenientemente validados.

B. Desenvolvemento do proceso.

As bases e a normativa polas que se rexerán os procesos poderán recollerse no rexistro de Turgalicia ou na páxina web www.turgalicia.es

C. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes serán dirixidas á directora xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, ao seguinte enderezo: estrada Santiago-Noia, km 3, 15896 Santiago de Compostela, indicando no sobre a referencia do posto.

2011-30010 Profesor/a de Inglés.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

María del Carmen Pita Urgoiti
Directora xerente da Sociedade de Imaxe e PromociónTurística de Galicia, S.A.