Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: polígono industrial A Chan da Ponte-parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.
Denominación: LMTS, CT e RBT Edificio Amanecer.
Situación: Salvaterra de Miño.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 45 metros de lonxitude, con orixe no CT existente Edificio Essayla e final no CT proxectado Edificio Amanecer. Centro de transformación de 630 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado na rúa Rosalía de Castro, Salvaterra de Miño. Rede de BT de 150 metros con condutor RV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de doce (12) meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 5 de novembro de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra