Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46874

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de solicitude de licenza de actividade para pavillón multiusos no parque empresarial.

Presentada neste Concello por José Ferreiro Lage solicitude de licenza de actividade para pavillón multiusos, na parcela C, segregada das parcelas 11 e 12, vía V.5, quinteiro 2, marxe B, do parque empresarial Área-33 (Silleda), en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Estará exposto no taboleiro de anuncios do Concello e o expediente poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste Concello os días laborables en horario de 9.00 a 14.00 horas, para efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 15 de novembro de 2012

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta