Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46865

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de licitación para a contratación, por procedemento aberto mediante concurso, do servizo de limpeza de edificios públicos do Concello da Guarda.

Aprobado por Decreto da Alcadía do 13 de novembro de 2012 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación do servizo de limpeza de edificios públicos do Concello da Guarda, expóñense ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no DOG ou no BOP, para que quen se considere interesado poida presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aínda que a licitación se aprazará se resulta necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicataria:

Concello da Guarda, praza do Reló, s/n, 36780. Teléfono 986 61 00 00. Fax 986 61 02 83.

Obxecto do contrato:

Adxudicar o contrato do servizo de limpeza de edificios públicos do Concello da Guarda.

Prazo de duración:

Dous anos, prorrogables por dous anos máis.

Tipo de licitación:

60.000 euros ( IVE incluído) anuais, (respecto do que se admiten baixas).

Clasificación:

Grupo U, subgrupo 1, categoría a (servizos de limpeza en xeral).

Modalidade de adxudicación:

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantías:

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

Exame do expediente:

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións:

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG, na forma sinalada no prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fora inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións:

A mesa de contratación procederá á cualificación da documentación xeral (sobre A) no Concello da Guarda ás dez horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que termine o prazo para a presentación de proposicións. Para estes efectos, se tal día fora sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte. No caso da existencia de deficiencias emendables na documentación xeral, outorgaráselles aos licitadores un prazo de dous días naturais para proceder á súa emenda.

Ás dez horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación, en acto público, procederá á apertura das propostas económicas e técnicas presentadas (sobres B e C). Para estes efectos, se tal día fora sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte.

Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 13 de novembro de 2012

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde