Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46863

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza municipal para a apertura dun almacén de distribución de produtos de panadaría e bolaría.

En cumprimento co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente núm. 2012/047/22, tramitado por instancia de Juan Casaponsa Sitgas, en representación de Panrico, S.A., para a concesión da licenza de apertura e funcionamento dun almacén de distribución de produtos de panadaría e bolaría industrial, que se instalará na parcela F-12 do polígono industrial de Bergondo, deste termo municipal.

O prazo será de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia. O expediente atópase á disposición do público no Servizo de Urbanismo deste Concello, co fin de quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que crea oportunas.

Bergondo, 29 de outubro de 2012

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa