Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2012 Páx. 46764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. para unha planta de tratamento e envasado de leite e produtos derivados, localizada no concello de Outeiro de Rei (Lugo). Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-112.

Con data do 18 de abril de 2008 outorgouse a Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2006/0209_NAA/IPPC_128 para unha instalación dedicada ao tratamento e envasado de leite e produtos derivados, localizada no concello de Outeiro de Rei (Lugo). Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada. Atendendo ao indicado e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e a execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada polo solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado.

– «Documento técnico para a renovación da autorización ambiental integrada das instalacións de Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. en Outeiro de Rei (Lugo). Rev.2 Agosto 2012».

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

• Concello de Outeiro de Rei (praza do Concello, 1, 27150 Outeiro de Rei).

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental