De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 8º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 15 de novembro de 2012
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: CON-CO-0022/2012-V.
Denunciado: Santiago Vázquez Barreiro.
Acto de notificación: acordo de iniciación.