Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46614

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (646/2010).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 646/2010 MCR a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 299/2007 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por José Antonio Fraga Parga contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, J.M. Díaz y M.A. Díaz Varela, S.C., sobre accidente, con data se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado pola representación procesual de José Antonio Fraga Parga contra a sentenza do 24 de abril de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, en proceso promovido polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese as partes en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que sirva de notificación en forma a J.M. Díaz y M.A. Díaz Varela, S.C., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de novembro de 2012

O/a secretario/a xudicial