Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46693

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.

ANUNCIO do 29 de novembro de 2012 polo que se acorda dar publicidade á adxudicación dun contrato (expediente CP-007-2012).

A Dirección Xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. acorda dar publicidade á adxudicación do contrato que se cita:

Subministración e instalación de sete (7) casetas prefabricadas de formigón en polígonos industriais e parques empresariais para a extensión da banda larga (expediente CP-007-2012).

1. Adxudicataria: CYME Santos Héctor, S.L.

2. Importe de adxudicación:

Importe neto: 80.850 euros.

IVE (%): 18.

Importe total: 95.403 euros.

3. Data de adxudicación: 27 de agosto de 2012.

4. Data de formalización do contrato: 29 de agosto de 2012.

Esta adxudicación, en cumprimento dos artigos 153 e 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de bases xurídicas, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012

José Ángel Abeal Riveiros
Director xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.