A Dirección Xerencia de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. acorda dar publicidade á adxudicación do contrato que se cita:
Subministración e instalación de corenta e oito (48) sistemas de enerxía en corrente continua para a rede de telecomunicacións da Xunta de Galicia (expediente CP-003-2012).
1. Adxudicataria: Itelsis Sistemas Audiovisuales, S.L.
2. Importe de adxudicación:
Importe neto: 264.203,57 euros.
IVE (%): 18.
Importe total: 311.760,21 euros.
3. Data de adxudicación: 27 de xuño de 2012.
4. Data de formalización do contrato: 2 de xullo de 2012.
Esta adxudicación, en cumprimento dos artigos 153 e 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de bases xurídicas, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012
José Ángel Abeal Riveiros
Director xerente de Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.