Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 19 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2012/000146-2 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpor, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados deseguido atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Lugo, na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, sita na avda. Ramón Canosa, s/n, 27863 Viveiro, Lugo.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000146-2.

Denunciado: Benigno Casas Villar.

DNI: 76406515D.

Enderezo: Lgar. Montemao-San Román, Cedeira, A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 5.000 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000160-2.

Denunciado: Diego del Pozo Sánchez.

DNI: 72423141M.

Enderezo: r/ Pintor El Greco, 15, baixo-A, Móstoles, Madrid.

Precepto infrinxido: artigo 137.D.10.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000167-2.

Denunciado: Benigno Casas Villar.

DNI: 76406515D.

Enderezo: Lgar. Montemao-San Román, Cedeira, A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 5.000 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000168-2.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

DNI: 76408349A.

Enderezo: camiño Real da Magdalena, 49, 4º, Cedeira, A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 5.000 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou, no contrario, procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, a fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Lugo, 19 de novembro de 2012

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo