De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.
O interesado poderá interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de tres meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
O correspondente expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo.
Nº expediente: 2009/71-5.
Interesado: Roberto Carrera Carrizo.
Domicilio: descoñecido.
Asunto: notificación de resolución administrativa do 13 de novembro de 2012.
Vigo, 15 de novembro de 2012
Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo