Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2012 Páx. 46656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 29 de outubro de 2012, do presidente do ente público Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Astilleros y Varaderos Lago Abeijón, S.L. de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Muros, para explotación de zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións (expediente 12-38-12-C-1).

O 24 de outubro de 2012 o presidente de Portos de Galicia adxudicou á empresa Astilleros y Varaderos Lago Abeijón, S.L. o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Muros, para a explotación de zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións, segundo documentación técnica consistente na memoria de explotación presentada no citado procedemento. Non está prevista a execución de obras a maiores da infraestrutura xa executada por Portos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia