De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o trámite de audiencia do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura de coordinación as alegacións que xulgue pertinentes.
O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo, r/ Concepción Arenal, 8, 4º andar.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000630-5.
Denunciado: Pedro Luis Verde González.
DNI: 76897247J.
Enderezo: Manuel Álvarez nº 16-2º D, A Guarda (Pontevedra).
Vigo, 26 de novembro de 2012
Manuel Lago Molares
Instrutor