Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2012 Páx. 46318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2012/69-2, 8038 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LMTS, CT avda. Lugo (T).

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV consistente en anelar na liña CHA804 o CT proxectado entre o CT r/ Taboada, Chantada (27CH68) e o CT Alférez Provisional (27CO45), cunha lonxitude de 14 metros, en condutor RHZ1-240.

– CT na r/ Alférez Provisional, en edificio non prefabricado compacto de manobra exterior, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 15 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo