Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo), e realizado o acto de elección de destino previsto na Orde do 27 de novembro de 2012 (DOG núm. 226, do 27 de novembro), esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normas concordantes,
DISPÓN:
Nomear funcionarios do corpo xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta orde, ordenados de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 30 de novembro de 2012.
Para adquiriren a condición de funcionarios/as, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2012
Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda
Anexo
Núm. |
Apelidos e nome |
DNI |
Posto elixido |
Código do posto |
Cons. |
Denominación |
Subgrupo |
Nivel |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
1 |
Chacón Souto, Jorge |
34899396R |
3 |
INC020000015770135 |
IN |
Analista programador/a |
A2 |
22 |
Secretaría Xeral |
Secretaría Xeral Técnica |
Santiago de Compostela |
2 |
Montero Fernández, Miguel |
44809616G |
6 |
SAC020000315770017 |
SA |
Analista programador/a |
A2 |
22 |
S.X. de Sistemas e Tecnoloxías da Información |
Secretaria Xeral Técnica |
Santiago de Compostela |
3 |
Barcón Goas, Manuel |
32828478A |
4 |
MAS020000015770055 |
MA |
Analista programador/a |
A2 |
22 |
Secretaría Xeral do IGVS |
IGVS/Secretaría Xeral do IGVS |
Santiago de Compostela |
4 |
López Rivas, Antonio Daniel |
46901483K |
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público |
||||||||
5 |
Vila Martínez, Paula |
34837998J |
1 |
CUC030000315770006 |
CU |
Analista programador |
A2 |
22 |
S.X. da Biblioteca Nacional de Galicia |
Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos |
Santiago de Compostela |
6 |
Vázquez Valeiras, José Miguel |
44460921N |
8 |
TRC020000615770046 |
TR |
Analista programador/a |
A2 |
22 |
S.X. de Tecnoloxías da Información |
Secretaría Xeral Técnica |
Santiago de Compostela |
7 |
Rega Liste, Daniel |
76868887N |
7 |
TRA010000015770006 |
TR |
Analista programador |
A2 |
22 |
Dirección do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral |
Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral |
Santiago de Compostela |
8 |
Carballal Fortes, Félix Manuel |
77406102Q |
5 |
PEC994020136600080 |
PE |
Analista programador/a |
A2 |
22 |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos perifericos |
Vilanova de Arousa |