Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de novembro de 2012 polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.A36.13642 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións de Augas de Galicia ditadas nos expedientes en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Solicitante

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

Artigo

DH.A36.13642

Francisco Javier Ramiro

Cedeira, Eira Pedriña, 14, Redondela, Pontevedra

24.9.2009

Arquivamento

71

DH.W15.25494

Francisco Javier García Saban

R/ Galzekan, 22,

08192 Barcelona

29.9.2009

Arquivamento

92

DH.A15.2241

Manuel Corzón Rodríguez

Lg. Ribadeza, Albores,

Mazaricos, A Coruña

24.9.2009

Arquivamento

42

DH.N15.23395

Ibán Martín Asuero

Czda. Vieja de Ategorrieta, 23,

20013 San Sebastián

7.8.2009

Arquivamento

42

DH.B15.22282

Manuel Ramón Casal Rendo

R/ Cruceiro da Coruña, 72-1º C,

15705 Santiago de Compostela

29.9.2009

Arquivamento

71

DH.W15.22951

UTE Barbanza

Avda. da Constitución, 79,

15930 Boiro

9.9.2011

Arquivamento

42

DH.B27.03506

Rosario Arroyo Brotóns

Avda. San Luis 77, edf. A, 3º andar,

28033 Madrid

22.9.2011

Arquivamento

71