Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2012 Páx. 46219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de novembro de 2012 pola que se notifica a orde de execución ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/96/2010.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG número 59, do 27 de marzo), o día 26 de outubro de 2012 ditou resolución pola que se ordena a demolición das obras levadas a cabo no lugar da Barbela, no concello da Capela, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Domocyr, S.L., mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística