De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola instrutora.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43-4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 19 de novembro de 2012
P.A.
José Luis Rodríguez Fernández
ANEXO
Expediente: PO-RES-2011-104.
Interesado: José Manuel Díaz Miniño.
Acto notificado: proposta de resolución.