Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46132

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Solo Industrial de Galicia, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca a licitación das obras de urbanización para a ampliación do polígono industrial da Tomada (A Pobra do Caramiñal).

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Suelo Industrial de Galicia, S.A.

2. Obxecto do contrato: obras. Descrición: execución das obras de urbanización SURD I-1. Ampliación do polígono industrial da Tomada, A Pobra do Caramiñal, A Coruña.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe total (euros) 2.977.698,84 €, sen incluír o IVE. Prazo de execución: 12 meses desde a data de adxudicación.

5. Garantía provisional: 89.330,97 € (3 % do orzamento base de licitación).

6. Obtención de documentación: Copistería Nino, avenida Rosalía de Castro, nº 58-baixo, 15706 Santiago de Compostela. Páxina web: www.copynino.com Tfno. 981 59 03 02.

7. Información: oficina de Sigalsa, rúa Hórreo, 86-baixo, Santiago de Compostela, no horario de 8.30 a 14.30; no perfil do contratante da entidade que se pode consultar na páxina web www.sigalsa.com; e na plataforma de contratación da Xunta de Galicia.

8. Requisitos específicos do contratista. Clasificación (grupos, subgrupos e categoría): A-2-E; E-1-d.

9. Presentación de ofertas: no domicilio social de Sigalsa, rúa Hórreo, 86-baixo, 15702 Santiago de Compostela ata as 13.00 horas do día 9 de xaneiro de 2013. Documentación necesaria segundo o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares. Non se admitirán ofertas por correo.

10. Apertura das ofertas: no domicilio social de Sigalsa ás 11.00 horas do día 16 de xaneiro de 2013, segundo o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Resolución do procedemento: o procedemento será resolto segundo o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2012

Miguel Sáenz de Viteri
Director xerente de Suelo Industrial de Galicia, S.A.