Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2012 Páx. 46112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a formalización do contrato de arrendamento, con opción de compra, e mantemento do sistema de almacenamento, servidores centrais e sistemas de backup en cintas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, no marco do proxecto Hospital 2050, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder (AB-CHO1-12-001).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro (en diante TRLCSP), faise pública a formalización do contrato de referencia, coas características que se relacionan:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación, rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense. Teléfono: 988 38 59 49. Fax: 988 38 50 08.

c) Número de expediente: AB-CHO1-12-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento, con opción de compra e mantemento do sistema de almacenamento, servidores centrais e sistemas de backup en cintas do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

c) Lotes: dous.

d) CPV: 30211300-4 plataformas informáticas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG e perfil do contratante.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE (24.7.2012), BOE (28.7.2012), DOG (1.8.2012), perfil do contratante (24.7.2012).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.101.694,93 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.101.694,93 € (IVE excluído); importe IVE: 198.305,07 €; importe total: 1.300.000 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de outubro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 30 de outubro de 2012.

c) Contratista: lote 1: Ednon, S.L., CIF: B36938009; lote 2: Hewlett-Packard Española, S.L., CIF: B28260933.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Lote

Importe neto

Importe IVE

Importe total

1

423.724,24 €

88.982,09 €

512.706,33 €

2

677.965,00 €

142.372,65 €

820.337,65 €

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as detalladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante o 24 de xullo de 2012.

Ourense, 8 de novembro de 2012

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras