Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública o expediente de modificación de tráficos da concesión V-0065; XG-002, Lugo-Santiago de Compostela, con anexos.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse o expediente de modificación de tráficos da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0065; XG-002, Lugo-Santiago de Compostela, con anexos, da titularidade de Empresa Freire, S.L.

Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4) efectuar as alegacións que coiden oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña