Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2012 Páx. 45815

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de novembro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino provisional os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011.

En virtude da Orde da Consellería de Facenda do 27 de xullo de 2011 (DOG núm. 144, do 28 de xullo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 8 de outubro de 2012 (DOG núm. 199, do 18 de outubro).

Co obxecto de que os/as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeados funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Convocar os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, ao acto de elección de destino provisional, que terá lugar no salón de actos número 2 pequeno da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 12 de decembro de 2012 ás 10.30 horas.

Os/as aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Aos/as aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados, entre as que quedasen sen adxudicar.

Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular, reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo –redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro)–. No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo

Código do posto

Consellería

Denominación

Niv.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Titulación

1

MAC991000027001010

MA

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

Xefatura Territorial de Lugo

Servizos periféricos

Lugo

Arquitectura técnica

2

MAC991000036001011

MA

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Arquitectura técnica

3

MAC991000036001013

MA

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Arquitectura técnica

4

MAC991000036001016

MA

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Arquitectura técnica

5

MAC991000036001017

MA

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Arquitectura técnica

6

MAC991000036001018

MA

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

Arquitectura técnica

7

MAS010000215770036

MA

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

Dirección Técnica de Construcións e Calidade

IGVS/ Dirección Xeral do IGVS

Santiago de Compostela

Arquitectura técnica

8

MAS991000036001088

MA

Arquitecto/a técnico/a

22

Área Provincial de Pontevedra

IGVS/Áreas Provinciais

Pontevedra

Arquitectura técnica

9

TRC020000015770065

TR

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Arquitectura técnica

10

TRC020000315770048

TR

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

S. X. de Contratación e Control

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Arquitectura técnica

11

TRC991000036560600

TR

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

22

Xefatura Territorial de Vigo

Servizos periféricos

Vigo

Arquitectura técnica