Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 7 de novembro de 2012 pola que se notifican os acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de varios predios. (expediente 2010003716 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 00941, variante da AC-300 e AC-451. Ramais de acceso á autovía Santiago-Brión. Clave: AC/05/002.03.1.

Concello: Brión. Provincia: A Coruña.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data acto
que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Pazos Souto, S.L.

Telefónica Móviles España, S.A.

Impacta Grupo Inmobiliario, S.L.

Impacta Grupo Inmobiliario, S.L.

Juan Hernández Hernández e outra

12.7.2012

12.7.2012

12.7.2012

12.7.2012

12.7.2012

2010003716

2010004846

2010005386

2010005387

2010005389

37

72 AR

69

71 A

37 B

102.644,77

424,99

2.230,20

2.137,28

3.037,36