Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2012 Páx. 45711

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (281/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 281/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Fuentes González contra as empresas Grialibros, S.L., Abraxas Aula 25, S.L., Grace Nouel Brache, Aula 25 Distribuidora, Fondo de Garantía Salarial e Aula 25, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que, estimando a demanda sobre reclamación de cantidade interposta por María del Carmen Fuertes González, contra as empresas demandadas Grialibros, S.L. e Grace Nouel Brache, S.L., que forman grupo empresarial, debo condenar e condeno a ambas solidariamente a que lle aboen á demandante a cantidade de vinte e sete mil novecentos trinta e un euros con trinta e cinco céntimos (27.931,35 euros), condenando as demais demandadas a se ater a esta declaración, sen prexuízo da responsabilidade legal que poida recaer sobre a administración concursal, e a legal subsidiaria da demandada Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), no suposto de que se declare a insolvencia das empresas demandadas.

Considérase que a demandante desistiu da acción de resolución contractual.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto número 5076 0000 65 0281 12, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Abraxas Aula 25, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2012

A secretaria xudicial