Esta xefatura territorial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a licitación dos contratos que a seguir se relacionan:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica.
2) Dirección: r/ Concepción Areal, nº 8, 2º andar.
3) Código postal e localidade: 36201 Vigo.
4) Teléfono: 986 81 77 25 e 986 81 76 47, fax: 986 81 76 83.
5) Correo electrónico: rosa.lopez.burillo@xunta.es
6) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
7) Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.
d) Número de expedientes: 3, que a seguir se relacionan:
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición:
1. Expediente nº 1/2013: limpeza da residencia de maiores de Marín.
División por lotes e número de lotes: non.
Lugar de execución: r/ Ezequiel Massoni, 9, 36900 Marín.
Orzamento base de licitación: 177.685,95 € (IVE: 37.314,05 €) total: 215.000,00 €.
Prazo de execución: 2 anos (2013-2014).
Admisión de prórroga: non.
Clasificación: si, grupo U, subgrupo 1, categoría A.
A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.
Outros requisitos específicos: non.
C.P.V.: non. C.P.A.: 81.21.10.
2. Expediente nº 2/2013: limpeza do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade.
División por lotes e número de lotes: non.
Lugar de execución: Camiño do Gaio 23 (barrio de Parada) 36320 Chapela, Redondela.
Orzamento base de licitación: 180.000,00 € (IVE 37.800,00 €) total: 217.800,00 €.
Prazo de execución: 2 anos (2013-2014).
Admisión de prórroga: non.
Clasificación: si, grupo U, subgrupo 1, categoría A.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.
Outros requisitos específicos: non.
C.P.V.: non C.P.A.: 81.21.10.
3. Expediente nº 3/2013: transporte para os usuarios do Centro Ocupacional O Saiar.
División por lotes e número de lotes: non.
Lugar de execución: Chan de Prados, Caldas.
Orzamento base de licitación: 90.250,00 € (IVE: 9.025,00 €) total: 99.275,00 €.
Prazo de execución: 1 ano (2013).
Admisión de prórroga: si, 1 ano (2014).
Clasificación: si, grupo R, subgrupo 1, categoría A.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 75.1.a) e 78.1.a) do TRLCSP, segundo o sinalado no prego de cláusulas administrativas.
Outros requisitos específicos: non.
C.P.V.: non. C.P.A.: 49.3.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.
4. Garantías exixidas: provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.
5. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio.
b) Modalidade de presentación: sobres cerrados e selados, segundo o exixido no prego.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra), de luns a venres en das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas. As propostas poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data e hora da imposición do envío, e anunciándoo á Xefatura Territorial de Vigo mediante fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío. Se a documentación for presentada nun rexistro diferente ao sinalado, a proposta non será admitida.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses desde a apertura das propostas económicas.
6. Apertura de ofertas.
a) Dirección: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.
b) Apertura de ofertas: aos 10 días naturais contados desde a finalización do prazo de presentación de propostas, ás 11.00 horas.
7. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios (aprox. 10,82 € por liña).
Vigo, 29 de novembro de 2012
P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa