Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45412

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2012 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico superior de investigación, espectrometría de masas e proteómica, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en virtude de probas selectivas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, convocadas por Resolución do 21 de febreiro de 2012 (DOG do 12 de marzo e BOE do 31 de marzo).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior investigación, espectrometría de masas e proteómica, grupo I, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, convocadas por Resolución do 21 de febreiro de 2012 (DOG do 12 de marzo e BOE do 31 de marzo), comprobado que a persoa aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria,

O reitor, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos Estatutos da USC,

Resolve:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría de técnico superior de investigación, espectrometría de masas e proteómica, o aspirante que superou o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova, nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico superior de investigación, espectrometría de masas e proteómica.

Posto: responsable de espectrometría de masas.

Quenda: promoción interna.

Número de orde: 1.

Apelidos e nome: Guitián Fernández, Esteban.

DNI: 33272030-T.