Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución dos expedientes 115102700172011, 115302700112011 e 115402700162011.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á entidade interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución dos expedientes 115102700172011, 115302700112011 e 115402700162011, da axuda para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias do Servizo de Explotacións Agrarias, situadas na Consellería do Medio Rural e do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao día da notificación, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expedientes: 115102700172011, 115302700112011 e 115402700162011.

Entidade interesada: Xertigán, S.C.G.

Acto de notificación: resolución de perda do dereito ao pagamento da axuda para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias.

Último enderezo coñecido: Momán, s/n, 27826 Xermade (Lugo).