En cumprimento do disposto no artigo 10 da Orde do 25 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e a consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (DOG número 46, do 8 de marzo), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 600.000 euros, con cargo á aplicación 12.03.324A 481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2012.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012
Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais
ANEXO
Entidades beneficiarias |
Contía total da axuda concedida |
Unión de Cooperativas Galegas do Transporte-Ucogatra |
9.405,48 € |
Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia-Aesgal |
31.216,43 € |
Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia-UCETAG |
84.633,84 € |
Unión de Cooperativas do Mar de Galicia-Ugacomar |
5.033,04 € |
Federación de Empresas Cooperativas-Sinerxia |
60.760,63 € |
Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca |
256.886,79 € |
Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-Ugacota |
152.063,79 € |