Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45300

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 21 de novembro de 2012 pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Tea e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca para o ano 2013.

O artigo 8 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, establece que a Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes establecerá os réximes especiais que se consideren pertinentes. Na actualidade a competencia é da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en virtude do disposto no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

A lamprea (Petromyzon marinus) é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, no cal se seguen utilizando procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies.

Co obxecto de que se realice un aproveitamento ordenado da pesca da lamprea no río Tea , establécese un réxime especial para o vindeiro ano 2013.

Por todo o anterior, e consonte o disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

É obxecto desta norma a regulación do aproveitamento específico da lamprea (Petromyzon marinus) nas augas do río Tea durante o ano 2013.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

A zona de pesca está comprendida entre a ponte do ferrocarril e a praia da Moscadeira, cun número de 48 estacadas.

Artigo 3. Período hábil

O período hábil de pesca será desde o 14 de xaneiro ata o 27 de abril.

A pesca realizarase en días alternos, pescando aos luns, mércores e venres desde as estacadas impares e aos martes, xoves e sábados desde as pares.

O director xeral de Conservación da Natureza, por proposta do Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra, por razóns hidrobiolóxicas, de estiaxe ou calquera outra que o faga necesario, poderá modificar a duración da tempada de pesca establecida na presente normativa adoptando as medidas axeitadas.

Artigo 4. Modalidade de pesca

Os medios autorizados para a pesca da lamprea no Tea serán a estacada, a fisga (1 por pescador) e a luz artificial. Enténdese por estacada a ponte ou pasarela de madeira situada en voadizo sobre o río, perpendicularmente á dirección da corrente e cunha lonxitude máxima que non superará a metade do leito fluvial, apoiándose nun extremo na marxe do río e o resto sobre pilotes ou postes de madeira ou ferro, de xeito que non se impida a libre circulación das augas baixo ela.

No caso de que a suxeición da estacada á terra sexa ás árbores de ribeira, deberán tomarse as medidas necesarias para que as ditas árbores non resultan danadas.

As estacadas deberán cumprir as seguintes condicións:

– Deberán estar debidamente numeradas e situadas, de conformidade co recollido no anexo, onde as fixe sobre o terreo o persoal da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. En ningún caso se poderán montar fóra do lugar establecido, salvo por razóns excepcionais e logo de solicitude e autorización do Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra; e tampouco se poderán cambiar de marxe. No caso de que os adxudicatarios de dúas estacadas contiguas queiran montalas conxuntamente, solicitarano previamente e, se é o caso, montaranse no lugar correspondente á sinalada máis augas abaixo.

– Deberán ter acceso desde terra e en ningún caso as dimensións das estacadas superarán a metade do río.

– Non se poderá cortar vexetación de ribeira sen autorización do Servizo de Conservación da Natureza, de acordo co establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, e 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

– Na iluminación da estacada so se poderán utilizar lámpadas da mesma potencia, de forma que todo o tramo quede iluminado coa mesma intensidade e colocadas en liña paralela á estacada, prohibíndose focos ou similares.

– Finalizado o réxime especial o día 27 de abril, os pescadores disporán dun prazo de 15 días para retiraren as estacadas e demais instalacións, deixando o contorno libre de lixo, e presentar debidamente cubertos os libros de rexistro de capturas na oficina do Distrito Ambiental de Ponteareas, na rúa do Paseo Matutino, 35-1º A-B, ou no Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda, 43-2º, en Pontevedra.

Do incumprimento dos anteditos requisitos de instalación e retirada das estacadas responderán todas as persoas autorizadas solidariamente.

Artigo 5. Horario hábil

As persoas que pesquen aos luns, mércores e venres comezarán ás 21.00 horas destes días e poderán facelo ata as 8.00 horas do día seguinte.

As persoas que o fagan aos martes, xoves e sábados comezarán ás 21.00 horas destes días e poderán facelo ata as 8.00 horas do día seguinte.

Prohíbese a pesca desde as 8.00 horas dos domingos ata as 21.00 horas dos luns.

Artigo 6. Pescadores

Todas as persoas que estean interesadas nesta pesca deberán participar no sorteo público que celebrará o Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra, na data, na hora e no lugar que se indica mais adiante, no cal se adxudicarán os postos de pesca para a colocación das estacada, agás aqueles que fosen inhabilitados por incumprimento do establecido no artigo 9 na tempada 2012, para o cal deberán:

1. Presentar unha solicitude dirixida ao Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra, en soporte papel, segundo o modelo que figura no anexo II desta orde, no rexistro da consellería, nos dos seus departamentos territoriais ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, poderase obter na Guía de procedementos da Xunta de Galicia:

http://www.xunta.es/resultados-da-guia-de-procedementos

Co fin de facilitar a súa formalización, as citadas solicitudes poderán cubrirse directamente nos formularios publicados na citada páxina web, imprimíndoas posteriormente para os efectos da súa presentación. Así mesmo, tamén poderán cubrilos a máquina ou á man, pero, neste último caso, con caracteres lexibles.

2. A presentación do DNI só será obrigada no caso de que o solicitante non autorice a consulta dos datos de identidade a través do Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Facenda e Administracións Públicas.

Artigo 7. Período de solicitude

O período para solicitar participar no sorteo irá desde o día seguinte ao da publicación desta normativa ata ás 14.00 horas do día 12 de decembro de 2012.

Cada solicitude para o sorteo de pesca deberá estar cuberta por catro pescadores. De se comprobar que o nome dun pescador aparece reflectido en máis dunha solicitude, procederase á eliminación do dito pescador de todas as solicitudes en que apareza, e darase un prazo de dez días aos restantes para cubrir o seu lugar cun novo pescador.

Artigo 8. Sorteo

O sorteo para a adxudicación dos postos correspondentes terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o día 11 de xaneiro de 2013, ás once horas.

Cada solicitante elixirá a estacada despois de presentar o DNI, pola orde obtida no sorteo.

Non se cambiará ningún posto despois da elección do sorteo.

Artigo 9. Permisos

De acordo co número obtido no sorteo cada pescador retirará un lote de permisos de 4ª categoría para toda a tempada, logo do pagamento do prezo público que corresponda e da presentación da licenza de pesca.

Os permisos serán persoais e intransferibles, polo que ningún pescador poderá facer uso doutro permiso que non sexa o seu propio, nin pescar desde un posto distinto a aquel que figura no seu permiso.

Xunto cos permisos entregaranse uns libros de rexistro de capturas, que deberán ser debidamente cubertos e deberán estar sempre á disposición da gardaría de Conservación da Natureza e deberán ser entregados no prazo de 15 días despois de rematada a tempada de pesca. O cumprimento destes requisitos será indispensable para optar ao sorteo da próxima tempada.

Artigo 10. Limitacións e prohibicións

Os pescadores agraciados no sorteo, antes de procederen á instalación das estacadas, deberán estar en posesión de licenza de pesca e autorizados cos permisos de 4ª categoría para cada día, documentos que deberán levar consigo xunto co DNI durante a práctica desta actividade.

Prohíbese ter na estacada un número superior de fisgas ao de pescadores con permiso presentes nela, así como pedras ou calquera outro instrumento que sirva para bater as augas ou escorrentar os peixes de xeito que se facilite a súa captura; serán todos eles responsables do incumprimento destas condicións.

Así mesmo, prohíbese atar as fisgas a calquera tipo de cordeis.

A pesca desde as estacadas enténdese selectiva para a lamprea, polo que non poderán causar dano a outras especies piscícolas.

As barcas empregadas polos pescadores para os labores auxiliares da pesca da lamprea deberán estar en posesión de licenza especial para embarcación (licenza clase E). Estas embarcacións deberán levar en lugar ben visible o número de estacada que lles correspondese no sorteo. En ningún caso estas barcas poderán ser accionadas a motor.

O persoal que designe o Servizo de Conservación da Natureza revisará cada estacada e, cando non se axuste ás condicións fixadas ou non exista persoa autorizada para a pesca desde ela, procederase ao seu levantamento.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO I

Estacadas do río Tea 2013.

Lonxitude total: 12.412 metros.

Nº estacada

Distancia (m)

Ponte do ferrocarril a 1

21

1 a 2

139

2 a 3

60

3 a 4

50

4 a 5

60

5 a 6

370 (ponte romana/ponte PO-412)

6 a 7

100

7 a 8

105

8 a 9

70

9 a 10

305

10 a 11

100

11 a 12

120

12 a 13

120

13 a 14

100

14 a 15

352

15 a 16

50

16 a 17

677

17 a 18

173

18 a 19

280 (ponte Cordeiro)

19 a 20

1.160

20 a 21

120

21 a 22

400

22 a 23

100

23 a 24

290

24 a 25

210

25 a 26

200

26 a 27

1.350

27 a 28

1.850

28 a 29

180

29 a 30

300 (ponte das Partidas)

30 a 31

100

31 a 32

100

32 a 33

100

33 a 34

590

34 a 35

100 (desembocadura Uma)

35 a 36

350

36 a 37

110

37 a 38

110

38 a 39

110

39 a 40

120

40 a 41

90

41 a 42

120

42 a 43

120

43 a 44

160

44 a 45

210

45 a 46

80

46 a 47

150

47 a 48

100

48 á praia da Moscadeira

120

missing image file
missing image file