Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2012 Páx. 45431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4766/2012, interposto contra a Resolución do 27 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do acordo polo que se convoca o concurso público para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número P.O. 4766/2012 interposto por Isabel María Castiñeiras Fandiño, en nome e representación de Antonio Jorge Campos Vázquez, contra a Resolución do 27 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do acordo polo que se convoca o concurso público para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia, esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2012

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios