Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 229/2012, do 2 de decembro, procede o nomeamento dos seus titulares.
Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, número 3º, do Estatuto de autonomía de Galicia e o artigo 26, número 1º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo único.
Nomear titulares dos departamentos da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:
– Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
– Elena Muñoz Fonteriz, conselleira de Facenda.
– Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
– Francisco José Conde López, conselleiro de Economía e Industria.
– Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
– Rocío Mosquera Álvarez, conselleira de Sanidade.
– Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar.
– Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Medio Rural e do Mar.
Santiago de Compostela, dous de decembro de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente