Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pino

ANUNCIO de información pública sobre instalación de antena de telefonía móbil en Gradamil (Lardeiros).

France Telecom España, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a instalación de antena de telefonía móbil en Gradamil (Lardeiros), deste termo municipal. En cumprimento do disposto na lexislación de aplicación, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles co fin de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e poidan formular as alegacións que xulguen oportunas.

O Pino, 12 de novembro de 2012

Manuel Taboada Vigo
Alcalde