Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45279

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de contratación do servizo de limpeza do pazo provincial da deputación durante o ano 2013.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza do pazo provincial da Deputación Provincial de Ourense durante o ano 2013, cun tipo de licitación de 129.480,00 € (IVE e demais tributos incluídos), cifrándose o valor estimado do contrato na cantidade de 107.008,26 € e o IVE aplicable en 22.471,74 €. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32 ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 14 de novembro de 2012

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense