Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se acorda publicar a Resolución do 29 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, sobre rectificación do perímetro da zona de concentración parcelaria de Quins (Melón-Ourense).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na zona de concentración parcelaria de Quins (Melón-Ourense), que con data do 29 de outubro de 2012, o director xeral de Desenvolvemento Rural, no uso das facultades que lle confire o artigo 23 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, resolve excluír da zona de concentración parcelaria de Quins (Melón-Ourense), as parcelas seguintes:

1. Polígono 2: parcelas da nº 1698 á 1704, ambas inclusive.

2. Polígono 6: parcelas da nº 1 á 33, ambas inclusive, e da nº 1047 á 1061, ambas inclusive.

3. Polígono 8: parcelas nº 1, 2, 10, 11, 12 e 24.

Ourense, 12 de novembro de 2012

Ricardo-Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense