Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Aluminios Padrón, S.A. para unha instalación dedicada á extrusión, lacaxe e anodización de perfís de aluminio, localizada no concello de Valga, Pontevedra (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-91).

Con data do 6 de maio de 2008 concedeuse a Aluminios Padrón, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2006/0262_NAA/IPPC_170 para unha instalación dedicada á extrusión, lacaxe e anodización de perfís de aluminio, localizada no concello de Valga (Pontevedra). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, se for o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Memoria técnica para a renovación da autorización ambiental integrada de Aluminios Padrón, S.A. Valga-Pontevedra. Outubro 2012 REV01.

– Resumo da memoria técnica para a renovación da autorización ambiental integrada de Aluminios Padrón, S.A. Valga-Pontevedra. Outubro 2012 REV01.

– Caracterización e clasificación apca dos focos emisores á atmosfera das instalacións de Aluminios Padrón, S.A. Valga. Ano 2012.

Co fin de que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1º- 4º, 36003 Pontevedra).

– Concello de Valga (avenida da Coruña, 14, 36645 Valga. Pontevedra).

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental