Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2012 Páx. 45257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 29 de outubro de 2012, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, con tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, dun contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras que se citan (expediente CO-12-50-12-01).

No punto 5.b) da Resolución do 29 de outubro de 2012, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 210, do 5 de novembro, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, con tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, dun contrato non suxeito a regulación harmonizada de execución das obras que se citan (expediente CO-12-50-12-01), disponse que os pregos e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no perfil de contratante.

Detectado un erro material no contido do CCC que rexerá a licitación das obras de ampliación da lonxa do porto da Pobra do Caramiñal (A Coruña), con clave CO-12-50-12-01, descritas no número 2 da devandita Resolución do 29 de outubro de 2012, o 26 de novembro de 2012 apróbase unha modificación do contido dos números 19 e 2.1 do devandito CCC, deixando sen efecto o disposto neses números e aprobando unha nova redacción do CCC, quedando esta do seguinte modo:

– No número 19 do CCC, referido á modificación do contrato, onde di: «Poderase modificar o importe do contrato nun máximo do 20 % do orzamento base de licitación», debe dicir: «Poderase modificar o importe do contrato nun máximo do 18 % do orzamento base de licitación».

– No mesmo número 19 do CCC, referido á modificación do contrato, onde di: «Porcentaxe máximo sobre o importe do contrato: ata un 20 % do orzamento base de licitación», debe dicir: «Porcentaxe máximo sobre o importe do contrato: ata un 18 % do orzamento base de licitación».

– No número 2.1 do CCC, referido ao valor estimado do contrato, onde di: «Sen IVE: 352.955,83 €; IVE (21 %): 74.120,72 €. Total con IVE: 427.076,55 €», debe dicir: «Sen IVE: 347.073,23 €; IVE (21 %): 72.885,38 €. Total con IVE: 419.958,61 €».

Sobre a base desas modificacións, cómpre efectuar a seguinte corrección no contido do anuncio de licitación:

– Na páxina 41370, no número 2, onde di: «Valor estimado do contrato: 352.955,83 euros, IVE excluído», debe dicir «Valor estimado do contrato: 347.073,23 euros, IVE excluído».

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881 88 16 45.

2. Enderezo na internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=18130

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar as obras de referencia, que rematará ás catorce (14.00) horas do sétimo (7º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia