Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 29 de novembro de 2012 Páx. 45111

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, da concesión da xestión do Centro de deportes acuáticos de Chapela.

Aprobado polo Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 20 de novembro de 2012, o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto, para contratar a concesión da xestión do Centro de deportes acuáticos de Chapela, faise público, para os efectos de presentación de proposicións e ofertas por parte dos licitadores interesados, o seguinte anuncio:

1. Entidade adxudicadora: Organismo: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a xestión do Centro de deportes acuáticos de Chapela propiciando, coas dotacións de equipamentos, maquinaria e mobiliario que sexan necesarias, a prestación dos servizos asociados á citada instalación no eido dos deportes acuáticos, ximnasio e outras actividades complementarias, de ser o caso.

Lugar de execución: Chapela, Redondela (Pontevedra).

Duración da concesión: catro (4) anos a partir do día seguinte ao da formalización do contrato, que se poderá prorrogar ata oito (8) anos en dous períodos sucesivos de tres (3) e un (1) ano, respectivamente.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Garantía provisional: 1.000,00 euros.

5. Garantía definitiva: 30.000,00 euros.

6. Obtención da documentación e información: Perfil do contratante da páxina web do Concello de Redondela e oficina de Contratación situada na planta baixa da casa do concello. Alfonso XII, 2, de Redondela. Teléfono: 986 40 03 00; fax: 986 40 38 94; correo electrónico: contratacion@redondela.es

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica do xeito requirido na cláusula 13.2 e 13.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días naturais a partir da publicación do último dos correspondentes anuncios no DOG, BOP ou no Perfil do contratante (www.redondela.es).

Documentación: a exixida na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou por correo na forma legalmente determinada á rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, ata as 14.00 horas do último día do prazo. Se o último día fose sábado ou domingo, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte. Cando a documentación sexa enviada por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 40 38 94) ou telegrama no mesmo día.

9. Apertura de ofertas:

Data e hora: ás 14.00 horas do quinto día hábil (non sábado) seguinte ao do remate do dito prazo (agás que falte algunha proposición por recibir, caso en que se fixará un novo prazo previo aviso no Perfil do contratante).

10. Criterios de valoración das ofertas: os establecidos na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 2.500,00 euros.

12. Páxina web para a obtención de información: www.redondela.es

Redondela, 21 de novembro de 2012

Javier Bas Corugeira
Alcalde